^ Ir arriba

novas

Thursday, 03 April 2014 10:10

Alumnos do Conservatorio ofrecen un concerto no Centro Cultural San Andrés de Comesaña de Vigo

concierto

Un grupo de alumnos do Conservatorio de Gondomar ofreceron, o pasado venres, un concerto no Centro Cultural San Andrés de Comesaña de Vigo. Ata alí desprazáronse un total de 42 alumnos e alumnas acompañados por pais e profesores.

Durante aproximadamente unha hora, os mozos, de entre 8 e 13 anos, interpretaron ante numeroso público un repertorio que incluíu as cancións Cuéntame e Por que te vas?, ademais de poñer voz a dúas obras de Rosalía de Castro. Tamén interpretaron pezas de Phil Collins e cancións populares.

A actividade, organizada polo departamento de Educación do Concello de Gondomar, busca incentivar os nenos e nenas levando a súa música fóra do Conservatorio. "É moi importante que os alumnos participen en concertos de cara ao público. Isto motívaos e anímaos a seguir esforzándose para mellorar o seu traballo", afirma Paula Bouzós, concelleira de Educación.

Do mesmo modo, a edil gondomareña agradece ao Centro Cultural San Andrés de Comesaña a súa colaboración, sen a cal esta actividade non tería sido posible.