^ Ir arriba

novas

Monday, 24 March 2014 14:03

Medio Rural e Concello organizan unha xornada informativa sobre o Picudo das palmeiras

Terá lugar o xoves 27 na Casa da Cultura. A sesión está dirixida a empresas do sector e constará dunha parte teórica e outra práctica

A Consellería de Medio Rural e do Mar en colaboración co Concello de Gondomar, organiza para este xoves, día 27, unha xornada informativa sobre o Picudo das palmeiras na Casa de Cultura do municipio.
A sesión ten como obxectivo informar ás empresas relacionadas co tratamento fitosanitario e/ou mantemento de xardíns e espazos públicos axardinados, sobre a situación actual do Rhynchophorusferrugineus (picudo vermello das palmeiras) na provincia.
A xornada desenvolverase dende as 09.30 a 18.00 horas e dividirase nunha parte teórica e outra práctica que incluirá o recoñecemento de palmeiras sospeitosas, demostración en campo e técnicas de cirurxía e aplicación de endoterapia, técnicas de recuperación e de control, entre outras actuacións.