^ Ir arriba

novas

Monday, 17 March 2014 09:00

I Xornada de Sendeirismo Consciente e Ioga coa natureza

IMG 3725

O pasado domingo 9 de marzo levouse a cabo a I Xornada de Sendeirismo Consciente organizada por mundonatura.org e patrocinada pola Concellería de Deportes do Concello de Gondomar. A actividade foi dirixida por Toni Martínez, de Mundonatura aprendiz de Yogui e meditador dende fai máis de 15 anos, unha persoa con experiencia neste ámbito xa que no seu currículo, está, entre outras cousas, o de escalar os cumios de cinco montañas de máis de 8000 metros.

O percorrido de 8km., desenrolouse nunhas 3 horas, as e os participantes disfrutaron en contacto coa natureza, nos entornos do Regato dos Amados e do Río Rasas, nas parroquias de Peitieiros e Couso. O longo do percorrido os andaríns participaron de distintas actividades en silencio, para eliminar as tensións mentais e emocionais.

O vindeiro día 22 de marzo haberá outra oportunidade de participar nesta actividade. A inscrición previa será na oficina do Pavillón de Deportes de 18 a 20h.