^ Ir arriba

novas

Thursday, 13 March 2014 11:35

Martín Pintos, xogador da A.D. Vincios de Tenis de Mesa, formará parte da Selección Galega Sub 21 no XVI Torneo Internacional da Povoa de Varzim

Martín Pintos

Martín pintos, xogador xuvenil da Asociación Deportiva Vincios de Tenis de Mesa, foi convocado polo Comité Técnico da Federación Galega de Tenis de Mesa para formar parte da Selección Galega Sub 21 que participará no XVI TORNEO INTERNACIONAL DA POVOA DE VARZIM (Portugal), a disputar os próximos días 15 e 16 de marzo. Deste modo, a Federación mostra o seu recoñecemento ao traballo de adestradores e xogadores da Agrupación ao longo da tempada.

Dende o Concello de Gondomar quérese felicitar á Asociación Deportiva Vincios de Tenis de Mesa, e en especial a Martín Pintos, polo seu esforzo e traballo "méritos que, sen dúbida, fixeron posible este merecido recoñecemento", afirma Natalia Salgueiro, concelleira de Deportes do municipio.