^ Ir arriba

novas

Tuesday, 11 March 2014 11:20

Un total de 111 alumnos e alumnas da ESO participaron na II Carreira a prol da Corresponsabilidade para conmemorar o Día Internacional da Muller

María Costas e Álex Estevez, do IES Auga da Laxe, foron os gañadores da proba

CARREIRA 8 DE MARZO 2014 009 1O pasado venres 7 de marzo, o Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Igualdade, organizou a II Carreira a prol da Corresponsabilidade para conmemorar o do Día Internacional da Muller. A actividade dividiuse en dúas probas: a carreira e un concurso.

A carreira, na que participaron un total de 111 alumnos/as de 3º da ESO dos institutos IES Auga da Laxe e Terra de Turonio, deu comezo ao redor das 12.20 horas e percorreu as principais rúas do Concello.

Divididos en parellas, os participantes deberon realizar o percorrido unidos entre si mediante unha goma nos pes e outra nas mans, para así promover a colaboración entre eles.

As tres parellas gañadoras desta primeira proba foron:

  • María Costas Rodríguez e Álex Estevez Álvarez do IES Auga da Laxe
  • Noa Costas Martín e Adrián Fernández Álvarez do IES Terra de Turonio
  • Paula García Lago e Miguel Comez Plasencia do IES Terra de Turonio

Tras superar a primeira actividade, as tres parellas pasaron á gran final onde, reunidos os 111 participantes, se desenvolveu o Concurso a prol da corresponsabilidade, resultando vencedora a parella formada por María Costas Rodríguez e Álex Estevez Álvarez do IES Auga da Laxe.