^ Ir arriba

novas

Friday, 07 March 2014 09:57

O servizo de Conservación de Estradas da Xunta acomete a limpeza dos entullos depositados en Pego Negro, en Vincios

A actuación levouse a cabo grazas á colaboración entre as concellarías de Vías e Obras e de Medio Ambiente coa Administración Autonómica

Nos próximos días operarios municipais levarán a cabo a limpeza do noiro do río Zamáns nesta zona

Pego Negro2As concellarías de Vías e Obras e de Medio Ambiente do Concello de Gondomar xestionaron co servizo de Conservación de Estradas da Xunta de Galicia a limpeza dos entullos depositados na zona de Pego Negro, en Vincios.
O pasado martes unha brigada do servizo de Conservación retiraba todos os entullos depositado na marxe deste vial e procederon a acondicionar a zona.
Nos próximos días operarios municipais levarán a cabo a limpeza do talud do río Zamáns nesta zona.
Concello e Xunta estudan agora, a posibilidade de restrinxir o tráfico de vehículos no tramo de estrada vella de Pego Negro para tratar de evitar, así, os continuos vertidos que alí se producen, contaminando unha zona dunha gran beleza natural como é a canle do río Zamáns e a antiga captación de auga.
Por outra parte, o servizo de Conservación de Estradas da Xunta tamén se comprometeu a retirar os entullos depositados na zona de Areiña, en Vilaza.
O concelleiro de Vías e Obras, Jesús Salgueiro, afirma que esta actuación "pon de manifesto o grao de colaboración entre administracións que está a levar a cabo este goberno municipal".