^ Ir arriba

novas

Friday, 28 February 2014 10:33

Curso homologado de monitor de lecer e tempo libre

Os interesados/as poderán inscribirse na OMIX de Gondomar ata o vindeiro 17 de marzo

A través da Concellaría de Xuventude do Concello de Gondomar, vaise levar a cabo un curso de MONITOR DE LECER E TEMPO LIBRE, homologado pola Xunta de Galicia.

Este curso realizarase do 21 de marzo ao 14 de xuño, en horario intensivo de fins de semana: venres (de 17:00 a 21:00), sábados (de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00h) e domingos (de 09:00 a 14:00 h). Consta dun total de 350 horas, das cales 200 serán teóricas e 150 prácticas en distintas entidades de ocio.

A actividade ten por obxectivo ofrecer aos alumnos/as unha formación especializada en actividades deportivas no medio natural e intervención con persoas con discapacidade.

O custe deste curso é de 220€. Se se dispón de carné Xove, tarxeta de demandante de emprego ou no caso de apuntarse cun amigo, realizarase un desconto de 20 euros. Neste prezo vai incluído unha fin de semana de acampada .

Os interesados/as poderán inscribirse na OMIX de Gondomar ata o vindeiro 17 de marzo.