^ Ir arriba

novas

Friday, 28 February 2014 10:11

Un total de 15 comparsas participarán no tradicional Gran Desfile de Comparsas de Gondomar

Será o próximo domingo, 2 de marzo, a partir das 16.00 horas

A entrega de premios realizarase o martes día 4, a partir das 00.00 horas

20 percorrido comparsas 2014Un ano máis, a Concellaría de Cultura e Festexos de Gondomar que dirixe Ignacio Troncoso, organiza como acto principal deste Entroido 2014 o tradicional Gran Desfile de Comparsas, que se celebrará o domingo día 2 de marzo.

Treboada (Tomiño) e Animar-T darán comezo á xornada animando as rúas do municipio desde as 15.30 horas, ata a lectura do pregón, que este ano correrá a cargo do Gondomar C.F., co motivo da celebración do seu centenario.

O trío Azar será o encargado de presentar o desfile que dará comezo a partir das 16.00 horas e no que participarán un total de 15 comparsas vidas de Nigrán, Tui, Tomiño, A Guarda, Vigo e Gondomar.

A orde de participación será a seguinte:

  • Os Tenebrosos de Couso
  • Moito Entroido: A casa de Mickey
  • Moendo café
  • Colegialas
  • Chegaron os que faltaban
  • Os Macanudos: Os Pelimacanudos
  • A tasca dos Mouros
  • Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios: Vinciocas
  • Asociación Cultural Dreogán Val Miñor: O espertar dos Marionetas
  • Chinatau
  • Super Chef
  • La mar de salaos
  • 4 estaciones
  • Asociación de Veciños de Beade: Love Music
  • Asociación Carnavales Mañufe: Unha comparsa la mar de salá

Logo de pasar polas rúas Eduardo Iglesias e Ángel Urzaiz, realizarase unha pequena parada na praza do Concello, onde o trío Azar amenizará a festa.

As comparsas e carroza gañadoras daranse a coñecer o próximo martes, día 4, a partir das 00.00 horas e realizarase a entrega de premios.
Para as comparsas máis orixinais haberá premios:

  • 700 euros 1º clasificada
  • 600 euros 2º clasificada
  • 500 euros 3º clasificada
  • 400 euros 12 axudas para as restantes comparsas participantes

Haberá tamén un premio especial para a mellor carroza das comparsas presentadas cun importe de 300 €.