^ Ir arriba

novas

Wednesday, 19 February 2014 10:50

O CIM de Gondomar organiza un curso de Dinamización da empresa a través de internet e as redes sociais

A acción formativa está dirixida, preferentemente, a 15 mulleres de Gondomar

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición no CIM do municipio ata o próximo 5 de marzo

A Concellaría de Igualdade a través do Centro de Información á Muller dá comezo ás accións formativas presenciais co curso de Dinamización da empresa a través de internet e as redes sociais.

O curso, dirixido preferentemente a 15 mulleres de Gondomar, conta cunha formación de 60 horas distribuídas do seguinte xeito:

  • Módulo I (20 h): ofimática básica e internet
  • Módulo II (20 h): expansión da empresa en redes sociais
  • Módulo III (20): supostos prácticos empresariais

Esta acción formativa desenvolverase dende o 11 de marzo ata o 14 de abril.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición, ata o 5 de marzo, no CIM do municipio debendo presentar o DNI, volante de empadroamento, tarxeta de desemprego e currículum.

Máis información no teléfono 986 389 355 ou no correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.