^ Ir arriba

novas

Wednesday, 12 February 2014 13:59

A Concellaría de Educación convoca a XII edición do Certame Literario Conde de Gondomar

Poderán participar todos os autores de 3º Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato que residan no Val Miñor e non superen os 20 anos

Os traballos deberán ser remitidos antes do 23 de abril ás oficinas do Concello de Gondomar (Rexistro) ou ser entregados directamente no Rexistro

CARTEL 2014

A concellaría de Educación, dirixida por Paula Bouzós, acaba de convocar un ano máis, o Certame Literario Don Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar.

Nesta XII edición, establécense dúas modalidades, Poesía e Relato Curto. Poderán concorrer todos os autores de 3º Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato que residan no Val Miñor e non superen os 20 anos.

Os participantes poderán presentar, individualmente, unha única obra, por cada unha das modalidades, de tema libre que deberá remitirse, antes do día 23 de abril, á seguinte dirección: Oficinas Concello de Gondomar (Rexistro), Praza Doutor Latino Salgueiro s/n 36380 Gondomar. Tamén se poderán entregar directamente no Rexistro do Concello.

Concederanse dous premios por cada nivel, un por poesía e outro por relato curto:

 

  • Nivel 1: terceiro ciclo de educación primaria. Dous premios por valor de 150 euros.
  • Nivel 2: 1º, 2º, e 3º da ESO Dous premios por valor de 200 euros.
  • Nivel 3: 4º da ESO e Bacharelato. Dous premios por valor de 300 euros.
  • Un premio por valor de 250 euros para o centro con maior participación e calidade.

Ademais o xurado poderá facer entrega dos accésits que considere oportunos, declarar deserto algún deles ou repartilo ex aequo entre dous autores.

Coa posta en marcha deste certame o Concello de Gondomar asume un compromiso co que pretende potenciar a creatividade literaria da xuventude en lingua galega.

Todos os interesados que desexen maior información poderán consultar as bases na páxina web do Concello: [Descarga]