^ Ir arriba

novas

Tuesday, 11 February 2014 10:07

Proceso de selección segunda fase programa CLARA

A Mancomunidade do Val Miñor, abre o prazo de inscripción desde o 10 ao 14 de febreiro para participar na segunda fase do programa Clara.
O programa que se iniciou na comarca a finais de septembro do 2013, con unha participacion de 25 mulleres, ten coma obxectivo mellorar a empleabilidade e a participación social das mulleres, especialmente aquelas en risco de exclusión social e laboral. Un obxectivo que se alcanzará mediante a mellora da cualificación para o emprego, con apoios personalizados que melloren as expectativas e calidade de vida de este colectivo, proporcionándolles maior autonomía e independencia. O programa desenvolvese en colaboración có Instituto da Muller e cofinanciado con Fondos Europeos
A esta segunda fase poderán incorporarse entre 13 e 15 mulleres, coas que se traballará a motivación, autoestima e orientacion laboral, ademáis de recibir formacion ocupacional. Aquelas mulleres interesadas en participar no proceso de selección, poden informarse en calquera centro de información á muller da comarca o na sede da Mancomunidade do Val Miñor.
Teléfonos:

CIM Baiona 986 357 554
CIM Gondomar 986 360 224
CIM Nigrán 986 383 081
Mancomunidade do Val Miñor 986 358 472

 

Podes descargar a instancia de inscripción aquí