^ Ir arriba

novas

Monday, 10 February 2014 08:50

A Brigada de Obras patrulla Gondomar para facer fronte aos imprevistos causados polo temporal

Nestes días lévanse retirado un total de sete muros derribados polo vento, así como numerosas árbores que cortaban varios camiños do municipio

O temporal que azouta a comarca estes días está a causar graves danos en varias zonas e viais do municipio polo que a brigada de Vías e Obras do Concello de Gondomar está a traballar para solucionar estes danos.

Ata agora lévanse retirado un total de sete muros derribados polo temporal, así como numerosas árbores que cortaron varios viais do municipio. Doutra banda, os membros da Brigada de Obras están a patrullar os distintos puntos do municipio para facer fronte a posibles imprevistos.

Así mesmo, recoméndase retirar macetas e todos aqueles obxectos que poidan caer á rúa e provocar un accidente, ademais de asegurar elementos como los toldos ou persianas. Na rúa, convén afastarse de cornisas, muros ou árbores, que poidan chegar a desprenderse e tomar precaucións diante de edificios en construción ou en mal estado. Tamén, no caso de verse obrigado a desprazarse por estrada débense extremar as precaucións pola posible presenza de obstáculos na vía e informarse das condicións meteorolóxicas da zona á que viaxa.