^ Ir arriba

novas

Wednesday, 29 January 2014 11:43

Entrega de diplomas dos cursos baixo a modalidade de formación on-line

Estes cursos, de carácter gratuíto, formaron a un total de 75 persoas

O Concello de Gondomar xa traballa con esta metodoloxía desde os últimos seis anos

formacion-on-lineO Alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, e a Concelleira de Igualdade, Patricia Durán fixeron entrega, onte, dos diplomas dos cursos realizados baixo a modalidade de FORMACIÓN ON-LINE. Este tipo de formación baseouse nunha metodoloxía flexible coa que o Concello de Gondomar xa traballa desde os últimos seis anos.

Ao igual que en edicións pasadas os cursos foron gratuítos, de 85 horas de formación a excepción de "Prevención de riscos laborais" que foi de 60 horas, e foron destinados preferentemente a mulleres empregadas e desempregadas empadroadas no Concello de Gondomar. Engadir que se formaron un total de 75 persoas cuxas prazas foron adxudicadas por orde de formalización de inscrición, sempre e cando se cumpriron cos requisitos.

A oferta formativa deste ano foi:

  • ­ Área de informática: Office 2010 e Open Office Writer, Calc e Base
  • ­ Área xestión contable: Contaplus, Nominaplus e Facturaplus
  • ­ Área de habilidades directivas: Uso profesional das redes sociais
  • ­ Área xurídica procedimental: Protección de datos e Prevención de riscos laborais básico
  • ­ Área igualdade de xénero: Educación para a igualdade de oportunidades
  • ­ Idiomas: Inglés intermedio