^ Ir arriba

novas

Thursday, 23 January 2014 10:04

O Concello de Gondomar abre o prazo de presentación de solicitudes para cubrir dúas prazas de Policía Local

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais a contar dende o seguinte a publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado do 20 de xaneiro de 2014
As Bases da Convocatoria están dispoñibles no Departamento de Rexistro do Concello e na páxina web

O Concello de Gondomar informa do inicio do proceso selectivo para a provisión de dúas prazas de funcionario de carreira de Policía Local, mediante o sistema de oposición en quenda libre.
As bases que rexen a convocatoria foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia, núm.227, do 26 de novembro de 2013. Así mesmo, publicouse o extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, núm. 247, do 27 de decembro de 2013, e no Boletín Oficial do Estado o 20 de xaneiro de 2014.
Os requisitos que deben reunir os aspirantes aparecen especificados nas Bases da Convocatoria dispoñibles no Departamento de Rexistro do Concello e na páxina web e deberán ser acreditados na data na que remate o prazo de presentación de instancias da convocatoria correspondente.
O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais a contar dende o seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado do 20 de xaneiro de 2014.