^ Ir arriba

novas

Tuesday, 21 January 2014 12:05

O Concello de Gondomar tramitou en 2013 un total de 100 licenzas

Desde que no 2012 se validasen as normas urbanísticas do plan do '91 e grazas ao traballo do departamento de urbanismo, conseguiuse avanzar na tramitación de solicitudes de licenza que permanecían pendentes de resolución

Durante o pasado ano, o Concello de Gondomar concedeu un total de 100 licencias de obras maiores e menores. Desde que no ano 2012, se validase a aplicación da reviviscencia das normas urbanísticas do plan do '91 sobre a delimitación de núcleos, o Concello de Gondomar conseguiu avanzar na tramitación de solicitudes de licenza que permanecían pendentes de resolución. A aprobación destas normas fixo posible afianzar a plena validez xurídica das licenzas que a partir de entón, e amparadas na reviviscencia de ditas normas, se concedan aos veciños e veciñas de Gondomar.
Deste xeito, e grazas ao traballo e xestións do persoal que conforma o departamento de Urbanismo, no pasado ano 2013 aprobáronse un total de 100 licenzas urbanísticas. Carlos Lameiro, responsable do departamento, recoñece que isto "supón unha proba de que Gondomar se está reactivando urbanisticamente e de que este goberno está a facer as cousas polo bo camiño".