^ Ir arriba

novas

Friday, 20 December 2013 20:48

Adxudicadas as actuacións de mellora do Auditorio Lois Tobío de Gondomar

- O contrato foi adxudicado a unha empresa local, cunha inversión de 250.000 euros, dos cales a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achega 170.000 euros
- Prevese que os traballos, que xa deron comezo, estean rematados en agosto do 2014

Vista 01 AltaGondomar, 20 de decembro de 2013.- O concello de Gondomar vén de adxudicar as actuacións de mellora do Auditorio Lois Tobío destinadas a renovar as instalacións do edificio.
Unha empresa local foi a adxudicataria, entre outras 6, do contrato cunha inversión de 250.000 euros. Da contía, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria subvenciona 170.000 euros, mentres que o restante será financiado polo Concello.
O proxecto aprobado abrangue numerosas melloras nas instalacións do Auditorio entre as que destacan:
- Creación dunha zona de vestiarios inexistente ata agora
- Adecuación do vestíbulo e aseos
- Habilitarase unha nova entrada ao Auditorio. A situación da entrada actual, situada nun lateral, interrompía o desenvolvemento dos espectáculos dadas as entradas e saídas do público
- Creación dunha zona de carga e descarga
- Adecuación da platea para outros usos
- Mellorarase o acceso ao escenario á persoas con mobilidade reducida ou problemas de visión
- O exterior tamén cambiará e amosará unha estética totalmente distinta á actual

Ignacio Troncoso, responsable do departamento de Cultura do Concello, destaca que, "aínda que durante estes anos se foron conseguindo pequenas cousas, esta é unha actuación moi esperada que converterá ao Lois Tobío nun auditorio acorde á programación que alberga e ao público que o visita. Sen dúbida daralle un novo encanto".

Prevese que as obras, que xa deron comezo, estean rematadas en agosto de 2014.