^ Ir arriba

novas

Friday, 20 December 2013 13:58

A aula de teatro do Concello de Gondomar presenta o seu novo traballo "No se lo digas a nadie"

Será o vindeiro 11 de xaneiro no Auditorio Lois Tobío, ás 19.30 horas

noselodigasanadieO vindeiro sábado 11 de xaneiro, a aula de teatro do Concello de Gondomar presentará, baixo a dirección de Lola Correa, o seu novo traballo No se lo digas a nadie. Obra baseada no mundo da música, baile, cancións e diálogos que envolven aos actores e actrices na escena sen deixalos ver quen son en realidade. Dende a loucura do cabaré ata as entrañas do xogo interpretativo..... todo diante do público.

A Aula de Teatro do Concello de Gondomar naceu no ano 2010, como un taller e pouco a pouco chegou a converterse nunha aula cohesionada e crecendo día a día, ata chegar aos 14 integrantes deste ano.

A Concellaría de Xuventude o Concello de Gondomar, así como, A Deputación de Pontevedra valoran o traballo destes mozos/as, facendo realidade que esta aula siga viva .

A cita será no Auditorio Lois Tobío ás 19.30 horas.