^ Ir arriba

novas

Thursday, 19 December 2013 12:32

O doutor Pato imparte unha charla sobre a enfermidade de Alzheimer

- Baixo o epígrafe Enfermidade de Alzheimer: que é?, onde estamos?, cara onde vamos?, o neurólogo informou aos asistentes sobre as particularidades desta enfermidade neurolóxica dexenerativa

charla AlzheimerGondomar, 19 de decembro de 2013.- O neurólogo de Povisa, o doutor Pato, impartiu na tarde de onte, no Centro Neural de Gondomar, unha conferencia sobre as particularidades médicas que rodean á enfermidade do Alzheimer. Á charla asistiron máis de 40 persoas que se interesaron por coñecer os síntomas que presenta esta enfermidade así como todo o relacionado co seu tratamento.

Baixo o epígrafe de Enfermidade de Alzheimer: que é?, onde estamos?, cara onde vamos?, o doutor Pato incidiu na importancia dunha detección temperá para facerlle fronte, do mellor xeito posible, a esta enfermidade dexenerativa que cada día afecta a máis persoas.

Por outra banda, fixo fincapé no grande impacto que esta enfermidade supón, non só para os afectados, senón tamén para os seus familiares, que se converten en coidadores e sofren as consecuencias desta doenza.

Tras a conferencia abriuse un coloquio no que os asistentes puideron formularlle ao doutor todas as súas
dúbidas.

Gondomar pechou o ciclo destas conferencias enmarcadas dentro da campaña informativa sobre a enfermidade de Alzheimer, posta en marcha pola Deputación de Pontevedra e a Fundación Colexio Médico de Pontevedra, e na que colaboraron 42 concellos da provincia.