^ Ir arriba

novas

Wednesday, 18 December 2013 14:22

Finaliza o cambio das portas da Praza de Abastos

- A actuación, na que se investiron 20.000 euros, foi posible grazas a unha subvención concedida pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia
- Así mesmo iniciouse a limpeza e pintado das fachadas do edificio

Gondomar, 18 de decembro de 2013. - A Praza de Abastos de Gondomar xa loce novas portas. A actuación, na que se investiron 20.000 euros, foi posible grazas a unha subvención concedida pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. Da contía, a Administración Autonómica financiou o 80%, mentres que o 20% restante correu a cargo do Concello.
Do mesmo modo, Juan Carlos González, concelleiro delgado de Mercados e Praza de Abastos, informa de que nestes días se está a levar a cabo a limpeza e o pintado das fachadas da Praza.
Con estas actuacións o Concello de Gondomar continúa apoiando a actividade do mercado e aposta por manter as instalacións municipais nun óptimo estado de mantemento favorecendo, así, ao funcionamento destas. Proba diso son as numerosas melloras que se levaron a cabo no edificio, algunhas delas demandadas polos propios praceiros/as.
Entre estas destacan: a reparación integral da instalación de fontanaría do Mercado na que se investiron 9.000 euros dos fondos municipais e a canalización dos desaugadoiros das cámaras frigoríficas levada a cabo por empregados municipais. Ademais destas actuacións aprobouse a ordenanza reguladora do Mercado Municipal e finalmente substituíronse as portas da Praza.