^ Ir arriba

novas

Tuesday, 17 December 2013 13:54

O IV Torneo de Tenis Nadal 2013 de Gondomar recada máis de 200 quilos de comida para as familias máis necesitadas

- En total recadáronse aproximadamente 250 quilos de alimentos non perecedoiros que foron repartidos entre as familias necesitadas de Gondomar

- Natalia Salgueiro, concelleira de Deportes e Patricia Durán, responsable de Benestar Social agradecen a participación e colaboración de todos os veciños

Torneo Tenis NadalGondomar, 17 de decembro de 2013.- O pasado domingo tivo lugar o IV Torneo de Tenis Nadal 2013, organizado polo Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Deportes. A competición desenvolveuse nas pistas exteriores do IES Auga da Laxe e no Pavillón Municipal de Deportes dende 09.30 horas ata as 14.00 horas.

A competición abrangueu as categorías pre-benxamín, benxamín, cría, infantil e cadete nas que resultaron gañadores Claudia Sanjuan, Íker Álvarez, Juan Martínez, Sofía Bancoff e Jonathan Riveiro, respectivamente. O segundo posto ocupárono: Anxo Ferreira, Andrea Sampedro, Pablo Villa, Alexandra de Saa e Anxo López, respectivamente.

Os premios de consolación recaeron en Cosme Costas e Blas López, na categoría pre-benxamín; Borja Cedeira e Juan M. Rodríguez en Benxamín; Nicolás Craumman e Aarón Fernández, en cría; Andrés Represas e Antía Sanjuan en Infantil; e Matías Casás e Bruno Lorenzo en Cadete.

Ao final da xornada, Fernando Guitián, alcalde do municipio, acompañado polas concelleiras Natalia Salgueiro e Patricia Durán fixeron entrega dos trofeos, e para que ninguén se fose coas mans baleiras sorteáronse regalos entre todos os participantes.

O único requisito para participar neste torneo foi o de contribuír cunha achega de alimentos non perecedoiros. Os socios debían achegar 1 quilo de alimentos, mentres que os non socios deberon colaborar con dous quilos. En total, recadáronse aproximadamente 250 quilos, que xa foron repartidos entre as familias necesitadas do municipio.

Natalia Salgueiro, concelleira de Deportes e Patricia Durán, responsable de Benestar Social agradecen a participación e colaboración de todos os veciños na xornada, grazas a quen se conseguiron xuntar máis de 200 quilos de comida que seguro alegrarán estas datas a moitas familias que o necesitan.