^ Ir arriba

novas

Tuesday, 17 December 2013 13:41

O Centro Neural acollerá unha charla sobre a enfermidade de Alzheimer

- Será mañá, día 18, ás 19.30 horas

- A conferencia, impartida polo doutor Pato, está destinada a todas aquelas persoas interesadas en informarse sobre esta enfermidade e especialmente ás persoas coidadoras

Gondomar, 17 de decembro de 2013.- Desde a Concellaría de Benestar Social do Concello de Gondomar infórmase de que mañá, 18 de decembro ás 19.30h, o Centro Neural acollerá unha conferencia informativa sobre o Alzheimer, unha enfermidade dexenerativa que cada día afecta a máis persoas.

O doutor Pato, neurólogo de Povisa, será o encargado de impartir esta charla destinada á todas aquelas persoas interesadas en informarse sobre esta enfermidade e especialmente ás persoas coidadoras de enfermos de Alzheimer .

Esta conferencia enmárcase dentro da campaña informativa sobre a enfermidade de Alzheimer, posta en marcha pola Deputación de Pontevedra e a Fundación Colexio Médico de Pontevedra, e na que colaboran máis de 40 concellos da provincia, entre eles Gondomar.