^ Ir arriba

novas

Wednesday, 04 December 2013 10:39

O Concello conta con 15 peóns a través do segundo plan provincial de emprego da Deputación de Pontevedra

A Deputación provincial de Pontevedra, a través do seu segundo plan provincial de emprego 2013, concedeu a este concello 15 peóns para a prestación de servizos de interese xeral e social que afectan a áreas indispensables para o benestar dos vecinos/as, estes traballadores incorporáronse o 29 de novembro ás brigadas de obras e de educación participando nas tarefas propías destes equipos municipais .

A Deputación financia o custo laboral total, incluida a cotización a Seguridad Social, destes operarios durante 6 meses , cunha xornada laboral de 25 horas semanas.