^ Ir arriba

novas

Tuesday, 03 December 2013 10:26

O Concello de Gondomar recibe un coche patrulla para a Policía Local

- O Alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, acompañado polo responsable da área, Juan Carlos González, recibiu esta mañá de forma oficial o coche patrulla

- O novo vehículo, un Ford Kuga totalmente novo e equipado, foi adquirido en propiedade polo Concello de Gondomar grazas a unha subvención mediante a que a Xunta de Galicia financiou o 80%, mentres que o Concello fixo fronte ao 20% restante

policia

Gondomar, 29 de novembro de 2013. - Os axentes da Policía Local de Gondomar dispoñen dun novo coche patrulla que custou 31000 euros e que foi posible grazas a unha subvención solicitada polo Concello de Gondomar á Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia. Da contía, a Xunta de Galicia financiou o 80%, mentres que o Concello fixo fronte ao 20% restante.

O Alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, acompañado polo responsable da área, Juan Carlos González, recibiu esta mañá de forma oficial o coche patrulla. O novo vehículo, un Ford Kuga totalmente novo e equipado adquirido nun concesionario Ford do municipio, súmase ao parque móbil municipal e convértese no primeiro vehículo policial que o Concello adquire en propiedade, xa que ata o momento non se contaba con ningún.

Do mesmo modo, tamén se revisará o contrato de rénting do vehículo actual e estudarase a súa posible resolución co consecuente aforro para as arcas municipais.

O concelleiro de seguridade e tráfico, Juan Carlos González Camesella, asegura que "este é o resultado do esforzo que o goberno municipal está a realizar para dotar aos servizos, neste caso a Policía Local, dos mellores medios posibles tanto materiais coma humanos en beneficio dos cidadáns".

Bases oferta pública

Por outra parte, recórdase que esta mesma semana se publicaron no BOP as bases da oferta pública de emprego na cal se ofertan dúas prazas de axentes de Policía Local para o Concello de Gondomar.