^ Ir arriba

novas

Monday, 25 November 2013 13:37

Gondomar condena a violencia contra a muller

- Tras o manifesto gardáronse dos minutos de silencio

Gondomar, 25 de novembro do 2013. - Ás 12.00 horas, diante do edificio do Concello, o alcalde de Gondomar, Fernando Guitián deu lectura ao manifesto no que, en representación de todas as persoas que conforman o municipio, se condenou calquera tipo de violencia contra a muller.
O rexedor gondomareño recalcou que "para paliar as graves situacións que produce, é necesaria a súa abordaxe desde unha perspectiva integral. Para iso son fundamentais as medidas de sensibilización para implicar a toda a sociedade na eliminación desta eiva social; os programas de prevención da violencia de xénero, prestando especial atención aos menores expostos a esta violencia; a coeducación para previr condutas discriminatorias en todos os tramos do ensino; a atención integral e a coordinación institucional, para evitar duplicidades e actuar con maior eficiencia".

Podes descargar o manifesto aquí.

MANIFESTO2