^ Ir arriba

novas

Friday, 15 November 2013 13:24

O Concello de Gondomar acondiciona os puntos de recollida de residuos coa construción de bases de formigón para os colectores

. Os traballos leváronse a cabo en Xunqueira, Razas, Vilas, Prado, Murxido e Peitieiros, entre outras parroquias
. As novas bases permitirán fixar a zona destinada aos colectores, e contribuirán a mellorar o aspecto do ámbito

bases contenedoresGondomar, 15 de novembro de 2013. - O Concello de Gondomar continúa adecuando numerosos puntos de recollida de residuos. Tras levar a cabo o valado e sinalización en distintas parroquias do municipio, esta vez as tarefas centráronse na construción das bases para os colectores.

Estas bases de formigón servirán para establecer de xeito definitivo o punto destinado á recollida de lixo, xa que están delimitadas por un valado de madeira. Ademais, as novas bases contribuirán a que estas zonas brinden un mellor aspecto. Entre as parroquias beneficiadas por esta actuación encóntranse Xunqueira, Razas, Vilas, Prado, Murxido ou Peitieiros.

Dende o Concello de Gondomar solicítase aos veciños e veciñas que colaboren co coidado ao medio, comprometéndose a depositar o lixo dentro dos colectores de xeito ordenado para facilitar tamén a súa limpeza e, así, coidar o entorno.

Os traballos foron realizados por operarios do Concello pertencentes ao departamento de Vías e Obras que dirixe Jesús Salgueiro, en colaboración coa Concellaría de Medio Ambiente, da cal é responsable, Juan Carlos González.