^ Ir arriba

novas

Wednesday, 13 November 2013 11:49

Finaliza o segundo curso de carretillero en Gondomar

- Un total de 20 veciños participaron nesta acción formativa gratuita, organizada pola Cámara de Comercio en colaboración coa concellería de Emprego do Concello

- Dada a gran demanda de solicitudes se tiveron que seleccionar aos participantes en base aos criterios de preferencia fixados na solicitude: estar empadroados en Gondomar e maior antigüidade no INEM

carretillero3

Gondomar, 13 de novembro de 2013.- A Concellería de Emprego xunto coa Cámara de Comercio iniciou a semana coa posta en marcha do segundo curso de carretillero, no que participaron 20 veciños de Gondomar.

O curso de carácter gratuito, que se celebrou durante o luns e martes, contou con 8 horas de formación nas que se impartiron coñecementos, tanto teóricos coma prácticos, co obxectivo de formar aos traballadores atendendo ás exixencias legais da lei de Prevención de Riscos Laborais.

Finalmente realizouse unha aproximación práctica ao manexo seguro das carretillas elevadoras, poñendo en práctica as técnicas seguras expostas na parte teórica, detectando e correxindo os riscos principais do seu manexo.

Este é o segundo curso de carretillero que se realiza en Gondomar e, como no primeiro, "en este tamén houbo unha gran demanda", recoñece Natalia Salgueiro, concelleira de Emprego do Concello de Gondomar, "recibimos 80 solicitudes para 20 prazas". "Para seleccionar aos 20 participantes tivémonos que rexir polos criterios de preferencia que se determinaban na solicitude de inscripción: estar empadroados en Gondomar e maior antigüidade no INEM; datos que se comprobaron coa propia Oficina de Emprego", asegura Salgueiro.

"Sabemos que moita xente se quedou fora nesta segunda ocasión, pero, coñecendo a demanda e interese que esperta este curso, intentaremos volver a ofertarlo en próximas accións formativas", puntualiza a edil. Ademáis, quixo agradecer a estreita colaboración que existe entre o Concello e a Cámara de Comercio e a importante implicación de esta última coas accións formativas propostas.