^ Ir arriba

novas

Friday, 08 November 2013 12:57

Mozos e mozas de Gondomar estanse a formar en Primeiros Auxilios a través do programa Actívate

O oito de novembro do 2013, deu comezo no Concello de Gondomar o curso de" Aplicacións de medidas de seguridade e primeiros auxilios".
A través do Programa Actívate levado a cabo pola Deputación Provincial de Pontevedra, 22 mozos/as deste concello van recibir unha formación de 40 horas na área dos primeiros auxilios. Esta formación se vai desenvolver do 8 ao 21 de novembro en horario de 9:30 a 13:30 horas.
Con este programa a Deputación de Pontevedra pretende dar unha formación que responda as demandas da xente nova da Provincia e que avala a traxectoria formativa levada a cabo pola Concellería de Xuventude do concello de Gondomar.