^ Ir arriba

novas

Friday, 08 November 2013 09:52

O Concello de Gondomar impulsa a 5ª campaña de adhesión e difusión do Carné Xove

. Baixo o lema de Ser mozo en Gondomar ten desconto, a Concellería de Xuventude anima aos mozos e mozas do municipio a facerse co Carné Xove para gozar das numerosas vantaxes que ofrece
. Grazas ao labor de difusión levada a cabo desde o Concello, as cifras de emisión deste carné aumentaron de 75 no 2008 a 168 en outubro de 2013

Gondomar, 8 de novembro de 2013.- Baixo o lema de Ser mozo en Gondomar ten desconto, a concellaría de Xuventude do Concello promove a 5ª campaña de adhesión e difusión do CARNÉ XOVE.
O Carné Xove, dispoñible para a mocidade de 12 a 30 anos, ofrece ao usuario numerosos vantaxes e descontos a nivel autonómico, nacional e internacional na cultura, transportes, aloxamentos, comercios e no ensino. Ademais, a nivel local o mozo/a que faga o carné no Concello de Gondomar, terá a posibilidade de participar no programa Infomóbil no que, de balde, se lle ofertará un servizo de mensaxes sobre información en áreas que sexan do seu interese (cursos, actividades ocio, becas, campamentos, etc).
O impulso que, tanto o Concello como a Concellaría de Xuventude está a realizara través deste plan de adhesión fixo posible que se pasase da emisión de 75 Carnés Xoves no ano 2008, a 168 en outubro do 2013; e de 3 comercios adheridos ao programa pasouse a 23, entre os que se atopan: Arcos moda, Calzados Eva, Ruanos Moda, LT peluquería, Netcom servicios informáticos, Papilo librería, Chévere, Azahar centro Estética, Bell-Isa, Droguería Avenida, Herboristería Bambú, Décimas deporte, autoescuela San Benito, Óptica Alemana, Óculos Óptica, Zaloira moda, Publix axencia publicidade , Libraida, Juan Domínguez Roupa, Tejidos y novedades Carmen, Librería Plaza, Jabe Cocinas, Asesoría Pasaxe ou Normas Hostel...
Máis información na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello, sito na Casa da Cultura, no mail This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ou no teléfono 986 369 746.