^ Ir arriba

novas

Thursday, 31 October 2013 13:46

Os máis pequenos gozarán dun Nadal cheo de diversión co programa GondoNadal

. O prazo de inscrición ábrese o martes 5 de novembro, e permanecerá aberto ata o día 15

. As solicitudes, que se poden descargar no Taboleiro de anuncios da páxina web, deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello

 

Gondomar, 31 de outubro de 2013.- A Concellaría de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller, pón en marcha o programa de lecer e tempo libre GondoNadal. A actividade está destinada preferentemente aos fillos e fillas de familias traballadoras, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares de Nadal, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral do neno/a a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.

Contarase con 40 prazas, preferentemente, para rapaces e rapazas que teñan o seu empadroamento no Concello de Gondomar nacidos entre os anos 2000 (non poderán facer 13 anos entre o 23 de decembro e o 8 de xaneiro de 2014) e 2010 (deberán ter feitos 3 anos ao inicio da ludoteca) e cuxos proxenitores sexan persoas traballadoras en activo (por conta allea ou propia). En caso de quedar prazas libres serán admitidos doutros concellos, con preferencia de aqueles cuxos proxenitores sexan traballadores no municipio de Gondomar.

A inscrición realizarase do 5 ao 15 de novembro presentando a solicitude, que se pode descargar na sección de Taboleiro de anuncios na páxina web do concello (www.concellodegondomar.com), no Rexistro Xeral do Concello de Gondomar, de luns a venres en horario de 9 a 13.30h. e sábados de 9 a 13h. Xunto a folla de inscrición deberá achegarse a seguinte documentación:

- Solicitude de praza.

- Fotocopia cotexada dos DNI dos pais ou titores/as legais.

- Fotocopia cotexada do libro de familia.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do menor ou menores ou seguro médico privado.

- Volante de empadroamento da unidade familiar.

- De ser o caso, xustificación da ocupación actualizada dos pais ou titores (fotocopia da última nómina, certificación de empresa, vida laboral ou calquera outra tipo de documentación que acredite dita situación, no caso de traballadores por conta allea; ou do último recibo do pagamento da cota á seguridade social no réxime especial de traballadores por conta propia, no caso de traballadores/as autónomos/as).

GondoNadal desenvolverase do 23 de decembro ao 8 de xaneiro de 2014 no CEIP Chano Piñeiro, de 9.00 a 14.00 horas.

Para calquera dúbida os/as interesados/as poderanse dirixir ao Centro de Información á Muller, na Casa da Cultura, nos teléfonos 986 360 224/ 986 389 355 ou no seguinte correo electrónico: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.