^ Ir arriba

novas

Wednesday, 30 October 2013 14:16

Xuntos polo Nadal

cartelDado o carácter familiar que teñen estas festas na nosa comunidade, e tendo en conta a situación de soidade na que se atopan moitas das persoas maiores, pola carencia de familiares, perda do seu cónxuxe ou a emancipación dos fillos, a Secretaria Xeral de Política Social convoca un total de 240 prazas para participar neste Programa distribuídas do seguinte xeito:

- Residencia de Tempo Libre do Carballiño (120 prazas): 60 para a provincia de Pontevedra e 60 para a da Coruña

- Residencia de Tempo Libre de Panxón en Nigrán (120 prazas): 60 para a provincia de Lugo e 60 para a de Ourense.

Este programa vaise desenvolver nas datas comprendidas entre o 23 de decembro de 2013 e o 2 de xaneiro de 2014.

O Programa contempla o aloxamento, en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa, durante 11 días (10 noites) que se computarán desde o momento de saída do lugar de orixe ata o momento da saída do centro no que se leva a cabo.

A saída desde os puntos de orixe (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense) realizarase o dia 23 de decembro pola mañá e o regreso o dia 2 de xaneiro de despois do xantar.

Beneficiarios:

Para ser beneficiario deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

Ser maior de 65 anos.Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia.Non estar acollido en ningún centro residencial.Ter que pasar só/a as datas do Nadal.

Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:

realmente vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas.teñan un menor nivel de ingresos económicos.non participaran neste ano en ningunha quenda do Programa de Benestar en balnearios, nin en pasadas edicións do Programa Xuntos polo Nadal.teñan máis idade.

Aínda obtendo unha puntuación que lles permita o acceso o Programa, poderanse excluír aqueles solicitantes que xa participaron outros anos e non se adaptaron as normas de convivencia establecidas.

As solicitudes deberanse formular no modelo deseñado ao efecto acompañada de informe social e declaración responsable, cumprimentándose todos os datos requiridos.

Os solicitantes cuns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 €), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aqueles cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 €.

A xefatura territorial unha vez que os solicitantes adxudicatarios de prazas confirmen a súa participación informaralles do lugar a hora de saída e regreso, así como a necesidade de ir provistos de:

DNI ou pasaporte actualizadoXustificante da concesión da prazaTarxeta sanitariaMedicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso da estadía .

Prazo de presentación de solicitudes:

Ata o 25 de novembro de 2013.

Tramitación:

Servizos sociais comunitarios dos concellos, servizos sociais de atención primaria de saúde, xefaturas territoriais e centros sociocomunitarios de benestar dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

Información:

TELEFONO SOCIAL 900 333 666

Páxina web da Consellería de Traballo e Benestar:http://benestar.xunta.es

Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, sito na Casa de Cultura.