^ Ir arriba

novas

Friday, 25 October 2013 17:14

A Deputación de Pontevedra asfalta o torreiro das festas de Vincios

. As obras foron levadas a cabo por operarios da Administración provincial e do Concello
. A actuación é froito da mediación do Concello a petición dos veciños e veciñas da parroquia gondomareña

torreiro das festas1

Gondomar, 25 de outubro de 2013.- A Deputación de Pontevedra acometeu, nesta semana, obras de mellora do torreiro das festas de Vincios. Os traballos, levados a cabo por operarios da Deputación e do departamento de vías e obras do Concello de Gondomar, consistiron na adecuación do solo e posterior reasfaltado do mesmo. En concreto asfaltáronse 2.800 metros cadrados de superficie, aproximadamente.
A actuación, froito da mediación do Concello de Gondomar coa Administración provincial, dá resposta á petición dos veciños/as de Vincios que demandaban unha mellora do firme do seu campo de festas, moi deteriorado polo uso e o paso do tempo.
Desde o Concello ven esta actuación da Deputación moi beneficiosa. "Con esta mellora poténciase o papel do torreiro das festas de Vincios como un espazo unitario, moi útil para os veciños da parroquia que se reúnen alí para celebrar as súas festas e celebracións", apunta Jesús Salgueiro, concelleiro de Vías e Obras de Gondomar.