^ Ir arriba

novas

×

Warning

JUser: :_load: Unable to load user with ID: 19
Friday, 04 October 2013 15:42

O Concello de Gondomar inicia a instalación de colectores adaptados para persoas con mobilidade reducida

O Concello de Gondomar iniciou a instalación de colectores adaptados para persoas con mobilidade reducida. Nesta primeira fase, colocouse un colector na rúa Ánimas, xunto ás prazas de estacionamento para as persoas con problemas de mobilidade. "A medida que recibamos máis unidades irémolas distribuíndo por todo o municipio" apunta Juan Carlos González Camesella, responsable da concellaría de Medio Ambiente e Servizos.

 

Estes novos colectores, subministrados pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, cumpren cos requisitos de accesibilidade necesarios para ser utilizados por persoas con mobilidade reducida. Estes modelos contan cunha apertura frontal a menor altura, ademais da habitual dos colectores convencionais, co obxectivo de que estas persoas poidan depositar os seus residuos comodamente, sen necesidade de subir a tapa. "Coa instalación destes novos colectores pretendemos minimizar, en todo o que nos sexa posible, os problemas que estas persoas se poidan encontrar á hora de depositar o lixo nos colectores", afirma o edil.

Esta actuación do Concello de Gondomar enmárcase dentro da aposta do Concello de seguir reducindo as barreiras arquitectónicas do municipio.