^ Ir arriba

novas

×

Warning

JUser: :_load: Unable to load user with ID: 19
Friday, 04 October 2013 15:05

O Concello adecúa as marxes do río Zamáns para minimizar os efectos das enchentes

O Concello de Gondomar informa de que, de xeito preventivo, se levou a cabo a limpeza das marxes do río Zamáns ao seu paso polo municipio, co fin de minimizar os efectos das enchentes do río, que cada ano afectan a esta zona.

A actuación centrouse nas marxes do río da zona da Praza de Abastos, onde se rozou e limpou o exceso de vexetación que obstaculizaba a libre circulación da auga. Á súa vez, o acondicionamento das marxes deixou ao descuberto o antigo paso de pescadores sepultado, dende hai anos, baixo as silveiras.

A actuación, levada a cabo por operarios da Concellaría de Vías e Obras, súmase a outras medidas adoptadas dende o Concello como a limpeza de residuos realizada o pasado día 22 de setembro nos ríos Miñor e Zamáns ou as solicitudes presentadas ante Augas de Galicia para que actúe no río Miñor retirando madeiros e maleza que puidesen taponar a canle impedindo que as augas discorran normalmente.