^ Ir arriba

novas

Sunday, 27 March 2022 10:52

“ GONDOMAR ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA 10ª EDICIÓN DO CAMPUS MULTIDEPORTE SOLIDARIO DE SEMANA SANTA 

image0.jpeg

 
Regresa un ano máis a Gondomar o Campus Multideporte  solidario de Semana Santa , organizado pola Concellería de Deportes e dirixido aos mais pequenos da casa con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos, que se desenvolverá nas instalacións deportivas de Gondomar os días 11,12 e 13 de abril en horario de 10:00 a 14:00h.
O prazo de inscrición abría este xoves  24 de marzo  e prolongarase ata o 7 de abril no pavillón  Bernabé Costas de Miranda, en horario de 17:00 a 19:00 horas. A veciñanza interesada en anotarse deberán achegar como mínimo 2 quilos de alimentos non perecedoiros para o banco de alimentos municipal. 
Diversión, hábitos saudables e solidariedade unidos nunha actividade que tamén busca atender a demanda das familias para conciliar nestas datas de Semana Santa.”