^ Ir arriba

novas

Thursday, 04 November 2021 16:05

Aporía Escénica volve ao escenario de Gondomar esta fin de semana

 
 
 
 
156894582_2875718506006663_6019912490579567219_n.jpgRegresa o teatro a Gondomar dentro da súa programación “Gondocultura outono”. Este sábado 6 de novembro, a partir das 21.30 horas, o Auditorio Municipal Lois Tobío, acollerá a
representación da obra “Soga e Sinsa”, da compañía Aporía Escénica.
 
O público poderá gozar da representación dun trítptico renacentista para 11 bruxas que se desenvolve en 101 minutos. Nel abórdase a caza de bruxas que se produciu en Europa nos séculos XV, XVI e XVII co fin de visibilizar o xenocidio que supuxo naquel momento, e a conexión directa que ten co desenvolvemento do sistema capitalista nas sociedades.
 
Horror, Humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais de “Soga e Sinsa”, este esconxuro teatral que se representará en Gondomar esta fin de semana.