^ Ir arriba

novas

Tuesday, 05 October 2021 16:00

Gondomar pon en marcha un programa de andainas a través das súas parroquias.

 
vincios 9 outubro.jpg
 
 
Gondomar e as súas parroquias teñen moitos recunchos que descubrir e
desde o concello esta fin de semana arrinca o programa "Descobre Gondomar, paso a
paso”, promovido polo goberno a través da súa concellería de Turismo. Inicia a súa
andaina na parroquia de Vincios coa colaboración da súa asociación de veciños e a súa
Comunidade de Montes. 
 
Trátase de aproveitar a chegada do outono para ofrecer á veciñanza actividades
que promovan hábitos saudables ao tempo que permitan gozar do contorna, coñecer
a súa riqueza etnográfica, cultural e histórica, e tamén respectar tradicións tan propias
da época como son a celebración dos magostos.
 
A andaina prevista terá unha duración aproximada de dúas horas, partindo ás
16.00 h. dende o Centro Cultural para visitar o Monte Galiñeiro. Unha vez rematada e
de volta o punto de saída os participantes poderán gozar dun magosto, con castañas
de balde, e dunha tarde amenizada coa actuación de diferentes grupos folclóricos da
parroquia e locais.
 
#Gondomar # tradicións #magosto # habitossaudable