^ Ir arriba

novas

Thursday, 30 September 2021 10:01

Gondomar presenta a programación cultural de Outono na que destaca o apoio ás  produccións e creacións galegas

photo_2021-09-29_13-36-49 (1).jpg 

Máis dunha quincena de representacións de teatro e danza están programadas en“Gondocultura Outono” que este ano inclúe a novidade de introducir sesiónsde cinema con títulos premiados en diferentes festivais. Manterase o despacho de billetes electrónico https://taquilla.concellodegondomar.gal para a reserva ecompra de entradas. 

 A programación “Gondocultura Outono” foi presentada esta mañá nun acto ao que asistiron o alcalde do municipio, Paco Ferreira, e o director xeral de AGADIC, Jacobo Sutil, así como o concelleiro de Cultura Juan Bas. Un acto no que unha vez máis quixeron aproveitar a ocasión para subliñar a importancia do papel da cultura na sociedade, e a súa achega ao PIB da comunidade, así como a colaboración das administración no seu apoio.

​Neste sentido o alcalde, Paco Ferreira, lembrou o compromiso do seu gobernocon esta actividade profesional “como demostra o amplo programa desenvolto esteverán, no que gozamos de estreas a nivel autonómico e da primeira edición do Festival de Danza Corpo a Terra, que nos elixiu como sede para as súas próximas citas”.

​“O outono chega cun gran programa que nada ten que envexar ao deste verán, porque unha vez máis, o noso concelleiro de Cultura Juan Bas, implicouse en apostar pola cultura galega, e nos permitirá gozar de ata 15 opcións diferentes, moitas delas con premios María Casares no seu haber ou candidaturas ao Goya”, sinalou o alcalde.

​Pola súa banda, Jacobo Sutil, destacou a importancia da colaboración entre administracións para apoiar a un sector que “estivo e está a pasar un momento complicado tras a pandemia”. Agradeceu o esforzo realizado polos concellos e a súacolaboración “coa que logramos desenvolver máis de 500 funcións en toda Galicia”.

 Teatro, danza, música e cinema

​Entre o 1 de outubro e o 05 de decembro todas as fins de semana en Gondomar terán unha cita con algunha das actividades programadas en “Gondooutono”, inaugurando a nova tempada de teatro a compañía Limiar Teatro e a estrea absoluta en Gondomar da súa obra “A música non amansa as Bestas”,espectáculo realizado en coprodución con residencia artística no concello de Gondomar.

​Sumaranse a esta estrea a representación da recentemente premiada con 4 premios María Casares “A lingua das Bolboretas” da man de Sarabela Teatro que tamén representará o clásico “Memorias dun neno  labrego”. O programa complétase con “Golfo” da compañía Señora Supina coprodución con residencia artística no concello de Gondomar; “Soga e Cinsa” de Aporía Escénica; e “Vals para Cincinati” da mande Teatro do Ar. Non faltarán a cita os espectáculos pensados para as familias como son “Animal Sagrado”, “Cartoons” e “Bambolina”

​Este ano, por primeira vez, inclúese no programa un ciclo de cinema galego, en colaboración coa asociación Alice Guy Val Miñor, no que se proxectarán catro títulos todos eles de creadores/as da nosa comunidade: “9 Fugas” con dous premios MestreMateo e premiada como mellor película do Festival de Xixón; “A viaxe de Leslie”, con 6 candidaturas aos premios Goya, entre eles o de mellor película documental, “Doghs”e “Manoliño  Nguenma”. 

​Por último, o programa tamén inclúe a presenza da música lírica coa representación da Boheme da man de Camerata Lírica, e o espectáculo de danza “Bailar Agora” que chega a Gondomar con 3 premios María Casares – actriz protagonista, e dirección e iluminación- no seu haber. 

 Compra de entradas

​A programación desenvolverase entre o 01 e o 5 de decembro no Auditorio Municipal Lois Tobío e o prezo das entradas oscilará entre os 2,5 e os 3,5 euros, dependendo do espectáculo. As entradas de calquera deles poderán adquirirse no despacho electrónico https://taquilla.concellodegondomar.gal ata completar aforo permitido pola normativa sanitaria vixente nese momento. Ademais, será obrigatorio o uso de máscara no interior e deberán manterse sentados no lugar asignado.