^ Ir arriba

novas

Saturday, 07 August 2021 00:16

A intelixencia emocional a xogo en Gondomar

 photo_2021-08-06_13-50-39.jpg

photo_2021-08-06_13-50-33 (2).jpg

photo_2021-08-06_13-50-28.jpg

Baixo o título “Unha viaxe ao meu corazón” desenvólvese estas semanas no municipio un taller psicoeducativo, organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Nuria Lameiro, centrado no traballo e xestión das emocións propias e alleas. 

​Un total de 30 nenos e nenas, de entre oito e 12 anos, do municipio participan nesta actividade, que se dividiu en dous grupos, finalizando o primeiro este venres cunacto de despedida ao que asistiu a edil de Xuventude, Nuria Lameiro e a técnica de xuventude, Alicia Sestelo, puideron ver os diferentes traballos desenvolvidos durante sete días, e que obxectivos agochaban cada un deles, explicados pola propia rapazada.

​O obradoiro, dirixido pola psicóloga Paula Fernández Rodríguez, propón diversas actividades a través das que os participantes coñecen os sentimentos e emocións que unha persoa pode xerar. Recoñecelos e saber xestionalos adecuadamente en cada situación permitiralles converterse en persoas empáticas, resilientes e asertivas; comprender e xestionar non só as súas emocións se non as daqueles cos que se atopenao longo da súa vida.

​Desde o departamento de Xuventude incídese na importancia de apostar pola intelixencia emocional e traballar sobre ela, incluíla no desenvolvemento das novas xeracións, razón pola que se organizou o obradoiro, que a semana que vén recibirá ao segundo grupo de participantes.

​Dentro desta política que se promove desde a concellería naceu a iniciativa Falamos, charlas-taller dirixidas ao alumnado dos institutos e familias, nos que se abordan non só as emocións se non outras cuestións que adoitan converterse en punto de conflito ou distanciamento entre proxenitores e adolescentes