^ Ir arriba

novas

Monday, 02 August 2021 12:13

O Concello de Gondomar, novo propietario da Casa Peralba

 CASA PERALBA.jpg

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, consolidou a compra da Casa Peralba,

situada na Avda Elduayen número 2, este xoves ante o notario, onde rubricouse a

compra deste inmoble histórico e os seus terreos a Fundación FUNGA, por un valor de

400.000 euros.

O alcalde Paco Ferreira mostrouse moi satisfeito tras “recuperar a Casa Peralba,

un inmoble que forma parte da nosa historia e que á partir de hoxe integrarase no

patrimonio municipal para poñelo ao dispor da veciñanza”. Por diante agora quedan

obras de rehabilitación e restauración para adecuar estas instalacións e buscar o mellor

uso para elas que, segundo o rexedor, “aínda que non hai nada decidido si temos claro

que pasará por uso lúdico, social ou cultural ao servizo dos nosos veciños e veciñas”.

 Proceso adquisición

A firma ante notario completa as negociacións iniciadas hai meses cos

propietarios para adquirir a Casa Peralba así como o financiamento para poder asumir

os gastos de rehabilitación. Algo que foi posible tras a firma dun convenio de

colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

En virtude a este acordo o organismo galego achegará os 400.000 euros

necesarios para a compra da Casa Peralba e os seus terreos, cun prazo de reposición de

8 anos por parte do concello de Gondomar, que se compromete a acometer as

actuacións de recuperación “co obxecto de recuperar ámbitos en estado deficientes

como medida de protección do patrimonio cultural e arquitectónico, do ambiente,

paisaxe e do territorio, co fin de mellorar a calidade dos cidadáns facilitando que poidan

gozar e iso”.

 Casa Peralba, rehabilitación e uso

 “Agora toca traballar e rehabilitar coidadadosamente este emblema da

arquitectura civil de Gondomar, con máis dun século de vida. Pensaremos que usos

darlle, pero sen dúbida serán aqueles que permitan o seu goce por parte da veciñanza,

ben sexa abrindo os xardíns para que se poida pasear por eles ou ben dandolle unha

función cultural, lúdico ou de servizo ao conxunto atendendo sempre a demanda social”,

explica Paco Ferreira.

A Casa Peralba ocupa unha superficie de 3.479 metros cadrados, dos que 463 m2

corresponden a superficie construída. O conxunto arquitectónico está integrado por

unha edificación principal e unha serie de construcións auxiliares e vivenda de servizo e

garda. Todas elas “constitúen un exemplo de interese da arquitectura ecléctica da vila

de Gondomar, destacando a súa sinxeleza compositiva de fábrica de granito dos seus

peches.”

Integrada no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia, a Casa Peralba é un

“inmoble de gran interese para a súa posterior rehabilitación como equipamento

municipal” no que tamén se conserva un lavadoiro, un pombal, hórreo e franxas de

terreo con restos de columnas para emparrados.

“Un auténtico luxo que desde o goberno estamos dispostos a recuperar e

rehabilitar para os cidadáns de Gondomar”, explicou Paco Ferreira quen fixo fincapé en

que estas actuacións forman parte “da nosa filosofía de facer un Gondomar para as

persoas, integrando esta recuperación arquitectónica a peonalización executada na

Praza Paradela e sumandoa ás futuras actuacións como a da rúa Manuel Alonso ou da

Plaza de Rosalía de Castro coas que Gondomar avanzará cara á sustentabilidade e os

criterios que marca a axenda 2030 para vilas e cidades”, concluíu Paco Ferreira