^ Ir arriba

novas

Friday, 30 July 2021 09:44

As lendas galegas protagonistas da “Noite Meiga” de Gondomar  

concellería xuventude.jpg

Once grupos participarán nesta actividade de lecer nocturno, organizada pola Concellería de Xuventude, que se desenvolverá mañá venres 30 de xullo no centro urbano de Gondomar.

 A actividade, que se desenvolverá integramente en galego, ten como obxectivo dar a coñecer parte da historia e lendas da nosa comunidade autónoma. As meigas, maruxainas, lobishomes ou a Santa Compaña serán as e os acompañantes dos once grupos -preinscritos previamente- que participarán na procura deste tesouro tan especial.

Todas eles, compostos entre 2 e 5 personas como máximo, serán convocados ás 22.00 horas na Praza da Paradela, punto de partida da aventura, e recibirán nos seus correos electrónicos as instrucións do xogo e as pistas que deben atopar ao longo dun percorrido que lles conducirá por diferentes rúas de Gondomar e a historia que nela ocúltase.

Os equipos deberán enfrontarse a un “escape sonoro” preparado para a ocasión e aqueles dous que logren superar todas as fases enfrontaranse finalmente nunha proba, que do mesmo xeito que o resto do percorrido terá como eixo central o valor do patrimonio inmaterial galego, as súas lendas e mitos ancestrais que conviven coas tradicións e costumes actuais.

A proba desenvolverase mantendo en todo momento as medidas establecidas na normativa covid19 vixente neste momento.