^ Ir arriba

novas

Friday, 30 July 2021 09:30

Gondomar retoma esta fin de semana a súa programación de verán con música, circo, e actividades pensadas para todos os públicos  

escudo_concello_gondomar-01.png

As actividades estarán suxeitas á normativa covid19 vixente e respectando os aforos e indicacións que recolle a Xunta na orde deo 22 de xullo de 2021 que establece as medidas de prevención específicas para cada concello.

 Este xoves, a partir das 22.30 horas na Praza da Paradela retómase o programa de actividades “Gondocultura” coa actuación do artista gondomareño Rubén de Lis, suspendido a pasada fin de semana debida ás pésimas previsións meteorolóxicas anunciadas para aqueles días.

Será a primeira dunha serie de actividades que se retoman e desenvolveranse ao longo de toda a fin de semana como a actuación do grupo “La Franga”, o venres a partir das 22.30 horas ou a actuación do premiado espectáculo circense “Xampatito Pato “Só”, que chega a Gondomar o sábado 31 á Praza Paradela. Os asistentes poderán gozar do espectáculo galardoado en numerosos festivais no que o seu creador, Jesús Velasco, preséntanos un personaxe obsesivo, cuadriculado e rodeado de caixas que escapan ao seu control. Desde o caos xorde un universo onde non faltará a tolemia cómica que fará a delicia de todos.  

Gondocultura pechará a fin de semana coa actuación da Burgas Big Band, concerto que vén da man de Musigal promovido pola Deputación Provincial de Pontevedra. Sobre o escenario da Praza da Paradela 15 artistas que tocarán clásicos de Swing, Twist, Boleros, Rock and Roll… que non deixarán a ninguén indiferente.  

 Reserva entradas

 O goberno local de Gondomar lembra que o sector da cultura demostrou en todo momento ser seguro e que é un dos máis prexudicados durante a pandemia. Por iso manteranse as actuacións en espazos abertos, e “en todo momento atendendo a normativa vixente covid19, suxeita neste momento á orde da Xunta publicada o pasado 22 de xullo no Diario Oficial de Galicia”.