^ Ir arriba

novas

Friday, 23 July 2021 12:59

Gondomar clausura a I edición do curso de Skate dirixido á mocidade

 

​O Concello Gondomar despide esta semana a I Edición do curso de Skate, organizado pola concellaría de Xuventude, dirixida por Nuria Lameiro, para facilitar ámocidade a iniciación neste deporte urbano, e coñecer ademais das súas técnicas os seusbeneficios.

​Durante dúas semanas un total de 24 mozos e mozas participaron de luns a venres nestas clases nas que un monitor dáballes a coñecer as principais técnicas para manterse enriba das súas tablas, sempre primando a responsabilidade e a seguridade. Curso que nace coa vocación de perdurar no tempo dado o interese que esperta entre as novas xeracións. 

​Os participantes gozaron e divertíronse tentando aprender os principios básicos do skate, un deporte do que tamén puideron coñecer, a través da información facilitada polo instructor, que tras as piruetas e saltos existen outros beneficios como son a mellora da coordinación e o equilibrio, a creatividade, o espírito de superación ou que é un bo medio para fomentar a nosa paciencia e liberar tensións. ​

​Este I Curso de Skate, que se desenvolveu nas pistas inauguradas a finales do ano pasado no Concello de Gondomar, forma parte do programa de actividades organizado pola Concellería de Xuventude atendendo ás demandas dos máis novos e novas neste tempo de verán, alternativas pensadas para desenvolver no seu tempo de vacacións facilitando tamén a conciliación familiar.

photo_2021-07-22_12-43-24.jpg

photo_2021-07-22_12-34-53 (2).jpg

photo_2021-07-22_12-34-53 (2).jpg

photo_2021-07-23_12-17-00.jpg