^ Ir arriba

novas

Friday, 23 July 2021 10:22

Os motores do Rallye Rías Baixas ruxirán de novo en Gondomar.

 rally rias baixas dos.jpg

 

 

A proba chega este sábado á localidade onde os participantes terán un control de paso e realizarán tramos cronometrados na estrada Vilas-Prado.

​A 54 Edición do Rallye Rías Baixas, emblemática proba de motor a nivel nacional e internacional, regresa este sábado a Gondomar onde realizará tres tramos do percorrido e outros tantos pasos de control. Todo está preparado para que os cidadáns do municipio e visitantes poidan gozar do paso veloz dos condutores, así como dos diferentes vehículos participantes nesta ocasión.

​“É unha satisfacción para o noso municipio, no que existe unha clara afección polo motor, recuperar o son dos coches do Rallye Rías Baixas, proba puntuable para o campionato de España de Rallyes de Asfalto”, sinala o alcalde Paco Ferreira, quenfelicitou ao equipo da Escuadra “polo esforzo que realizan ano tras ano e que permitiumanter viva esta proba co seu tesón e esforzo e, sobre todo ilusión, que lles impedironrenderse a pesar dos momentos difíciles que deixamos atrás”.

​Por outra parte agradeceu o traballo que os voluntarios e as forzas da ordepública realizan para garantir a máxima seguridade en todos os trazados, e apelou á responsabilidade do público para que respecten todas as indicacións e sinalizacións que hai e “así poder gozar plenamente dunha proba sen riscos innecesarios”.

 Peche de rúas, punto control e tramos 

 O paso da proba polo centro da vila, onde se realizarán os controis, obrigará a pechar o tráfico á circulación o mesmo sábado entre as 08.30 e as 20.30 horas na Avenida de Elduayen e Eduardo Iglesias, entre as rúas Otero Pedrayo e Manuel Losada, prohibíndose o estacionamento no parking xunto a Casa Peralba, que quedará reservado para a organización. O control de paso situaráse en este tramo e realizarase ás09.15 horas, ás 13.00 horas e ás 17.00 horas. 

​Como en anteriores edicións a proba rexistrará tres pasos cronometrados polo municipio, concretamente no tramo Vilas-Prado dirección Porriño (10,65 quilómetros), onde se establecerán puntos controlados por comisarios ecronometradores, así como de seguridade onde deberá situarse o público que queiragozar do espectáculo. Este tramo pecharase á circulación unha hora e media antes de cada pasada, previstas as 10.00, as 14.12 e, por último, a 18.24 horas.