^ Ir arriba

novas

Thursday, 22 July 2021 13:02

Gondomar apraza as actuacións previstas para este fin de semana no programa de Gondocultura

Adiado.jpg

 ​O concello de Gondomar, a través da súa Concellaría de Cultura, anuncia o aprazamento das actividades previstas para esta fin de semana ante as malas previsiónsde tempo que se esperan para os tres días, no que a choiva, segundo os pronósitcosmeteorolóxicos, serán unha constante.

​Estúdanse xa novas datas para recolocar as actividades previstas para as tres xornadas: o concerto de Rubén de Lis, a actuación do Soño de Calíope e a proxecciónda película “María Soliña”, dentro do ciclo “Cinema na rúa”. O novo calendario será anunciado no momento correspondente.