^ Ir arriba

novas

Tuesday, 20 July 2021 20:04

Aberto o prazo para solicitar axudas para a mellora do estado de captación, depuración e almacenamento da traída de augas veciñais.

 escudo_concello_gondomar(sin fondo).png

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle a resolución que aproba as bases reguladoras destas axudas, en réxime de concorrencia competitiva, cunha dotación de 500.000 euros distribuídos en dúas anualidades: 100.000 euros para 2021 e 400.000 para 2022. O 40% do importe destinarase a mellora do estado das instalacións para a captación e almacenamento de auga en comunidades de usuarios de ata 50 membros, e o 60% restante para aquelas comunidades de usuarios con 51 ou máis membros.

O importe da axuda será dun máximo do 80% do investimento da actuación proposta, cun límite máximo de quince mil euros por solicitude (IVE incluído), e o 20 % restante do orzamento total será financiado directamente pola comunidade .

Estas subvencións serán compatibles con aquelas que, para a mesma finalidade, outorgen outras administracións.

 

Maís información e bases: https://bit.ly/2W2Ul2X