^ Ir arriba

novas

Monday, 19 July 2021 18:40

Gondomar clausura con éxito o curso de ciberseguridade dirixido ásnovas xeracións

20210630_110502.jpg

IMG_20210701_122345.jpg

Preto de 40 mozos de entre 8 e 13 anos recibiron durante unha semana formación teórica e práctica sobre as ferramentas e medios existentes para realizar un uso responsable e intelixente da internet.

 A idade media do uso dos dispositivos conectados a internet é cada día menor econscientes dos perigos que entraña un uso incorrecto deles, desde o departamento de Xuventude do concello de Gondomar, dirixido por Nuria Lameiro, desenvolveuse un curso sobre ciberseguridade dirixido aos máis novos/as, sector de poboación vítimamáis frecuente dos ataques informáticos. 

​Impartido por unha enxeñeira informática e unha divulgadora científica o obxectivo da actividade era reflexionar cos/as participantes sobre o uso de internet, facilitarlles as ferramentas para tomar precaucións necesarias e protexerse de ameazasexternas, así como recoñecer os comportamentos que poden ser perigosos como usuarios ou para terceiras persoas.

​De feito o número de ciberataques en España, segundo últimas informaciónspublicadas, creceu nun 125% respecto ao último ano, e o sector da mocidadeconverteuse nunha diana fácil para os ciberdelincuentes ou para o ciberacoso a través das múltiples redes sociais que manexan.

O curso partiu de tres premisas: usar intelixentemente internet, ser amable na rede e ser valente “manténdonos sempre seguros ou en alerta”. Así durante as dúas semanas fixáronse conceptos sobre “que é o ciberespazo e a cibersieguridad para avanzar despois sobre a diferenza entre o uso e o abuso das redes sociais, os hackers bose malos ou sobre como recoñecer a quenes queren facerse cos nosos datos.”

Unha cuestión importante que non se quixo deixar atrás é o problema das adicciones dixitais e videoxogos que estas novas tecnoloxías están a crear entre os nosose nosas mozas, cada vez un problema máis real na nosa sociedade que require da intervención de especialistas.