^ Ir arriba

novas

Saturday, 17 July 2021 00:10

A deputada Ángeles Marra anuncia ao alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, importantes investimentos na dixitalización e conectividadedo municipio

BA.jpg

RE.jpg

A portavoz da Comisión de Asuntos Económicos e Transformación Dixitaltrasladou o compromiso do Goberno de España de que no 2025 a maioría da poboación do territorio nacional terá o 100% de conectividade, para o que se contará cun investimento de 250 millóns de euros, sendo Galicia e os seus municipios un obxectivo prioritario.

 ​“A dixitalización e conectividade é un dos grandes retos e compromiso do Goberno que preside Pedro Sánchez, porque é consciente de que é unha das balanzas necesarias para transformar o país”. Así o indicou a deputada Ángeles Marra no encontro mantido esta mañá co alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, no que se lle trasladaron os avances que neste ámbito déronse desde o goberno de Gondomar.

​Paco Ferreira mostrou o seu agradecemento á oferta de “traballar man a man coGoberno de España nun asunto tan importante como este para o desenvolvemento da nosa localidade e facilitar a vida dos seus cidadáns”.

​Respecto a Gondomar, Ángeles Marra, apuntou que está en contacto directo coas distintas operadoras que traballan no municipio “para coñecer en todo momento que pasos están a darse e cara a onde para lograr os obxectivos e prazos fixados polo noso Goberno”.

 Plan Único

​A deputada socialista lembrou que o actual plan PEBA (Programa de Extensión da Banda Ancha de nova xeración) a Galicia destináronse 102 millóns de euros dos que 80 deles investíronse nos tres últimos anos do goberno de Pedro Sánchez, “o que proba o firme compromiso do noso presidente coa comunidade de Galicia e a conectividade do seu territorio”.

Nese ámbito seguirase traballando agora coa o Plan Único cunha dotación “sen precedente ata o de agora” de 250 millóns de euros e que se procederá áadxudicación ás operadoras, a finais de setembro, para que poñan en marcha este proceso nas parroquias e lograr que nun período de catro anos logrouse toda a súa cobertura.

​Ademais os fondos europeos de recuperación económica que recibirá España destinarán unha partida de 2000 millóns de euros para levar a conectividade a todos os ámbitos sen esquecer a dixitalización das administracións públicas, así como máis de 1000 millóns para despregar o 5 G “que tamén terminará chegando a todos os lugares e unha tarefa na que a colaboración dos concellos tamén é esencial”, manifestou Ángeles Marra.

​O alcalde Paco Ferreira agradeceu o compromiso adquirido polo Goberno de Pedro Sánchez e acordou elaborar un calendario de reunións periódicas coa portavoz da Comisión de Asuntos económicos e Transformación Dixital “para seguir avanzando nuncamiño que puxemos en marcha e que agora traballando man a man co executivo español será imparable e permitiranos evitar todos os obstáculos que ata o de agoratopamos”. 

 

Gondomar 16 de xullo de 2021