^ Ir arriba

novas

Wednesday, 14 July 2021 13:22

O Carnaval prometeu volver a Gondomar e farao este sábado coa  “I Edición do seu Entroido de Verán”.

_DSC4246.jpg

A situación da pandemia desaconsellou render festa e homenaxe a Don Carnal no mes de febreiro, pero Gondomar, co seu alcalde á cabeza, Paco Ferreira, non renunciaron a súa celebración que este sábado farase ao grande na Praza Paradela, onde non faltará música, grupos de animación, e sobre todo moita cor e diversión.

“O Entroido volverá” era o retrouso do vídeo editado polo departamento de Cultura o pasado mes de febreiro cando se anunciaba a suspensión destas festas. Poñíanse uns puntos suspensivos “a un programa que tiñamos claro que iamos recuperar”, afirma o alcalde Paco Ferreira, quen no seu día xa se comprometeu “a celebralo nos meses de verán, a desempoar disfraces, máscaras e as ganas de divertinos no mes de xullo”.

De esta forma este sábado 17 de xullo a partir das 17.30 horas darase pistoletazo de saída á que será a I Edición do Entroido de Verán de Gondomar, á que se convida á cidadanía pero tamén a todos e todas os que estean interesados en visitar o municipio para sumarse a esta festa coas súas mellores galas carvaleras para rir e pasar un bo intre.

MÚSICA E ANIMACIÓN

O Entroido de Verán virá acompañado polo grupo Sara Animación que durante toda a tarde animará as rúas coa súa “Fantasía de circo” na que 10 personaxes fantásticos e relacionados coa vida circense animarán as rúas do centro de Gondomar co seu carro musical, desde o que convidarán a bailar a grandes e pequenos, aos que se propoñerán xogos para que se somen a eles durante toda a tarde.

E para a ocasión de novo en Gondomar os acordes e a música das tan esperadas orquestras que volven aos poucos a soar nas localidades e recuperar a súa actividade tras un ano realmente crítico para o sector. Na Praza Paradela, a partir das 21,00 horas, aproximadamente, a Orquestra Trío Azar amenizará o serán deste entroido tan esperado e que Gondomar confía en que se festexe ao grande, sentando un precedente que sirva para pensar en novas edicións para os próximos anos.