^ Ir arriba

novas

Wednesday, 14 July 2021 10:58

O Concello de Gondomar e Augas de Galicia traballan xuntos no control de verteduras. 

escudo_concello_gondomar-01.png

​O goberno de Gondomar traballa na localización e control das vertedurasincontroladas no municipio e na rede de saneamento segundo o acordado coa administración autonómica coa que a colaboración e máxima. 

Os técnicos do Plan de Control de Verteduras, dependente de Augas de Galicia, así o corroboraron na inspeccións rutineiras no dominio público hidráulico do municipio.

Respecto a vertedura que afectaba o río, ao seu paso polo lugar da Rocha (Vincios), quedou correxida tras a súa localización videográfica e robótica informática, que confirmou que o problema debíase á saturación do colector de saneamento e a entrada en carga do mesmo, problema que foi solventado con éxito.