^ Ir arriba

novas

Tuesday, 13 July 2021 14:11

Gondomar pecha as festas de San Bieito ata o ano que ven con moita participación e  ledicia nas súas prazas e rúas.

 216256066_2866710180258192_6842851871860882649_n.jpg

 

​O concello de Gondomar despídese da súa fin de semana máis longa en honra ao seu patrón, San Bieito, ao que este ano se rendeu a homenaxe que por culpa da pandemia no 2020 non se lle pudo facer. A esta celebración sumáronse, como é tradicional, as festividades de San Cristovo e San Antonio.

​Para a ocasión, o goberno do concello, a través da súa concellería de Cultura, desenvolveu un programa amplo pensado para todos e todas volvendo soar no parque de As Cercas a música das orquestras que tanto se botaba de menos, así como as dúas actuacións que se desenvolveron na Praza Paradela.

​Música e postos, que xunto ás procesións e actos litúrxicos, permitiron recuperar en certa maneira a “normalidade” tan esperada, aínda que en todo momento tendopresentes as medidas de seguridade sanitarias aínda vixentes, como é o uso da máscara ou o control de aforo nos concertos.

​Os acordes de ASSIA, a orquestra Marbella, La Patrulla ou La Banda de Ayeramenizaron as noites de venres a luns, ao que se sumaron a actuación da Agrupación Musical de Vincios e aos diferentes actos litúrxicos celebrados durante todo a fin de semana, entre os que cabe destacar a procesión de San Cristovo coa súa tradicional  beizón aos coches e conductores, e a procesión central coa que  se rendeu homenaxe a San Benito, patrón do municipio.

215689608_2867635976832279_3469132837016549172_n.jpg

 

215366883_2866026610326549_4905836895024216080_n.jpg

214501302_2867635723498971_2372812599763088350_n.jpg

202456606_2865992446996632_5770469351776989354_n.jpg